A Coruña será a capital do humor esta primavera. A cidade herculina acollerá, do 29 de abril ao 8 de maio, unha nova edición do Encontro Mundial de Humorismo, unha cita imprescindible que aúna, nun único evento, ás figuras e os espectáculos de humor máis relevantes do panorama estatal. Nomes como como Luis Piedrahita, David Broncano, Eva Hache, Carolina Iglesias, Ana Morgade, Leo Harlem, Sílvia Abril ou Xosé A Touriñá, entre outros, serán cabezas de cartel dun festival que augura risas e, sobre todo, bo humor.

A cidade de A Coruña convertirase no epicentro mundial do humor nunha segunda edición que, compaxinando o noso cartel con novas sorpresas e actividades paralelas que se darán a coñecer nas próximas semanas, ofrecendo así unha ampla programación para novos e adultos. A risa non ten idade e o EMHU é un festival para todo tipo de públicos.

Programación

A segunda edición do festival ofrecerá espectáculos de gran formato e actividades paralelas que se integrarán na cidade. EMHU terá catro sedes, situadas en diferentes recintos culturais de referencia na localidade: Teatro Colón, Coliseum, Afundación e Palacio da Ópera.

Pantomima Full, o dúo cómico conformado por Rober Bodegas e Alberto Casado coñecido polos seus escacharrantes vídeos curtos en redes sociais, abrirán a programación o venres 29 de abril no Teatro Colón co seu espectáculo En su cabeza era espectacular. Ao día seguinte, o sábado 30, chegará ao Palacio da Ópera un exclusivo montaxe que reunirá por primera vez sobre o escenario a catro dos mellores humoristas do país. Humoris causa, unha proposta sen precedentes e que soamente se poderá ver en EMHU 2022, contará coa presenza de Eva Hache, Leo Harlem, Ana Morgade e Xosé A. Touriñán. A fin de semana pecharase con Adivina quién viene esta noche, un espectáculo con invitados sorpresa que actuarán ante un público reducido na sede de Afundación.

A segunda fin de semana del EMHU chegará con propostas novidosas e agardadas polo público galego. O venres 6 se poderase ver, por primera vez en directo, Saldremos mejores, o podcast de entretemento presentado por Inés Hernand e Nerea Pérez de las Heras. Tras esta estrea mundial, o broche de ouro da xornada poráo un dos fenómenos radiofónicos máis populares dos últimos anos: La Vida Moderna Live Show. David Broncano, Héctor de Miguel e Ignatius actuarán no Coliseum tras encher recintos como o Teatro Romano (Mérida) ou WiZink Center (Madrid).

O sábado 7 será o turno do gran fenómeno da comedia do momento: Estirando el chicle LIVE. Carolina Iglesias e Victoria Martín, creadoras do podcast homónimo, presentarán en A Coruña o seu espectáculo en directo, na que será unha das poucas datas que o dúo actuará en recintos culturais. Este, ademais, será un espectáculo especial, no que estarán acompañadas de Lala Chus, Henar Álvarez y Patricia Espejo.  A xornada tamén contará co espectáculo Sin datos no hay paraíso, onde reuniremos a El Cejas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño y Animalize21 no Teatro Colón.

O espectáculo de clausura do festival será Fantastic Colofon, unha proposta creada expresamente para o festival e que contará con Sílvia Abril, Luis Piedrahita, David Fernández y David Amor, que tamén compartirán escenario por primera vez. O Teatro Colón acollerá o domingo 8 de maio este espectáculo único, exclusivo e cheo de sorpresas no que, ademais, se pora un gran final ao festival coa entrega dos Premios EMHU 2022.

Entradas y abonos

Dende este xoves, 17 de marzo, ás 12.00 horas, poderanse adquirir as entradas para os diferentes espectáculos do EMHU a través da nosa páxina web, ademais da plataforma online Ataquilla e o despacho de billetes da Plaza de Ourense (A Coruña). A través destas canles tamén será posible comprar os diferentes tipos de abono que ofrecemos para esta segunda edición.