Ana Morgade

Actriz e presentadora de televisión, o humor de Ana Morgade, así como a súa facilidade para a improvisación, levárona por multitude de medios. Comezou ser coñecida coas súas aparicións en Buenafuente. Presentou El Club de la Comedia e participou en Tu cara me suena. Destacou durante anos polas súas colaboracións en El Hormiguero e Zapeando, como presentadora nos programas Yu, no te pierdas nada ou Conexión PlayStation, e nos escenarios teatrais co seu espectáculo Morgadeces. Na actualidade, é unha das líderes e facianas visibles de Mentes peligrosas.