Carolina Iglesias

Carolina Iglesias é guionista, cómica, presentadora, creadora de contidos… A caña, en resumo. Gañadora do Premio Ondas por Estirando el chicle, deuse a coñecer no Chat de Operación Triunfo e como colaboradora en Yu e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. Coñecida en internet como Percebes y Grelos, na súa canle de Youtube fala de todas as súas paixóns: a cultura pop, Galicia e Eurovisión. Participou en diversos programas de televisión pero tamén en plataformas dixitais como reportera e colaboradora. Actualmente, atópase de xira por España como parte do elenco de Mentes peligrosas.