David Fernández

David Fernández é un actor e humorista que saltou á fama coa compañía teatral La Cubana en 1998. Con ela actuou en diversas obras e chegou a formar parte da serie Me lo dijo Pérez. Puidemos velo en Una altra cosa, na televisión catalana, e en televisión nacional en programas como Señoras que…, Me resbala o Tu cara me suena. Tamén formou parte das coñecidas series Aída, Aquí no hay quien viva e Gym Tony. Máis recentemente participou en El Cazador, de TVE, e foi concursante da última edición de MasterChef Celebrity. E si, antes de que preguntedes: era Rodolfo Chikilicuatre.