Inés Hernand

Aparte de en Saldremos Mejores, o talento de Inés Hernand, abogada, humorista e presentadora, desbordou en diferentes medios e plataformas. A súa formación en dereito foi o pistoletazo de saída á súa carreira dixital, aparecendo en Youtube con Inés Responde, para auxiliar a aquel que precisase axuda legal de maneira sinxela.

Como presentadora, podemos atopala en programas como Gen Playz, na plataforma dixital de TVE Playz, pero tamén a vimos fai relativamente pouco presentando o Benidorm Fest.