Sílvia Abril

Sílvia Abril ía para avogada. Estudou Dereito, mais botou marcha atrás e ingresou no Institut del Teatro de Barcelona. No 2003 a súa fama dispárase con Homo Zapping. Convértese nunha das caras de moda da comedia televisiva grazas ao seu fichaxe por Buenafuente. No 2008 formou parte da comitiva española no festival de Eurovisión, onde sube ao escenario para acompañar a Rodolfo Chikilicuatre. La que se avecina, Spanish Movie, Caiga Quien Caiga, El hormiguero, Tu cara me suena ou Me resbala son outros dos moitos espazos televisivos e películas nas que puidemos ver a Sílvia Abril nos últimos anos.