Victoria Martín

Victoria Martín de la Cova, máis coñecida como a Chica Fitness, igual vos soa por ter gañado un Premio Ondas con Estirando El Chicle. Pero, en síntese, é unha cómica, guionista, presentadora, colaboradora e monologuista. Que non é pouco. Estudiou periodismo, pero entrevistou a Matías Prats e quixo dedicarse ao mesmo: o humor. En 2017 creou xunto a Nacho Pérez-Pardo a canle de YouTube Living Postureo, dedicado á parodia da cultura milenial. O merecido éxito obtido en redes sociais permitiulle entrar como colaboradora en Yu: No te pierdas nada, onde interpretaba o mesmo papel que a deu a coñecer en YouTube. Foi guionista en La Resistencia, e colaboradora en Las Que Faltaban, ambos programas para o Canal #0 de Movistar. Máis adiante presentou Problemas del Primer Mundo, programa de Atresmedia.