Xosé A. Touriñán

Touri chegou aos fogares de toda Galicia como Mucha do dúo Os dous de sempre no noso Luar (TVG). Formou parte de dous dos espectáculos de humor con máis ventas da historia do teatro en Galicia, Amigos ata a morte e Somos Criminais. Dende entón, interpretou deceas de personaxes en diferentes medios ata alcanzar o éxito coas súas aparicións en Land Rober (TVG) e a súa interpretación de Paquito Charlín na serie Fariña (Antena 3).