Espazos

Teatro Colón

De corte clasicista, o Teatro Colón foi construído a mediados do século XX. Singular tanto polo seu tamaño como pola súa privilexiada localización na Coruña, o edificio é historia viva da vida artística da cidade. Un dos expoñentes dos numerosos espectáculos que se poden desfrutar na urbe coruñesa.

Palacio de la Ópera

O Palacio da Ópera é un dos espazos culturais de referencia da Coruña. Encaixado na canteira do parque de Santa Margarida, a súa linguaxe arquitectónica posmoderna convértea nun referente na cidade. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia dende o ano 1992 e a súa sala principal ten unha capacidade dunhas 1800 persoas.

Edificio Afundación

Este edificio, sede do Patronato de Afundación, é un proxecto do arquitecto Nicholas Grimshaw. O seu deseño semella a crista dunha onda mariña, un elemento moi recoñecible na Coruña. Unha mostra de vangarda integrada á perfección na cidade que posúe dende o 2006 un European Award outorgado polo Royal Institute of British Architects.

Coliseum

Un espazo dedicado para espectáculos e concertos con capacidade para once mil persoas. Este edificio multiusos que reúne vangarda e funcionalidade a partes iguais no seu deseño, é un dos elementos máis recoñecibles no mundo cultural coruñés tanto polo seu gran tamaño como pola súa recoñecible estrutura.