El poder de los nuevos formatos de humor y las sinergias empresariales

A vivir que son dos días

O domingo 8 de maio chega ao EMHU un dos programas máis triunfantes da historia da radio nacional, que leva en antena nada menos que 35 anos. Emítese todas as fines de semana de 8 a 12 da mañá en España, ademais de en Arxentina e Colombia.

Javier del Pino, sen dúbida unha das máis grandes estrelas da radio actual, é o presentador deste magacín de entretemento e información no que, por medio de diferentes seccións, achéganse aos ouvintes novidades culturais, sociais, políticas e humanas.

Cunha lista interminable de colaboradores de primeiro nivel, podemos destacar caras tan coñecidas como David Broncano, El Mundo Today , Juan José Millás, Jordi Évole ou Antonio Castelo entre moitos outros.

O evento será gratuito, no Teatro Colón de A Coruña, dentro da xornada final do EMHU. Para poder acceder haberá que descargarse a invitación dende a nosa web ou dende Ataquilla.com, cun máximo de dous por persoa.