Wenceslao Fernández Flórez, del papel al celuloide
A vivir que son dos días

El poder de los nuevos formatos de humor y las sinergias empresariales

Os creadores de contido para redes sociais deixaron de ser o futuro do humor para converterse no presente. Estes novos cunha linguaxe xenuína inventáronse o seu propio negocio e aprenderon unha nova forma de facer humor. Falamos dun novo formato que xera entretemento de calidade dispoñible en calquera momento que conta cunha lexión de seguidores en constante crecemento.

Cal é a rutina diaria dun creador de vídeos de humor? Cal é a formación máis adecuada para poder vivir disto? Como crean? Que lles inspira?

Nestas conversacións queremos mostrar o que o público non ve, o que está detrás das cámaras e dos móbiles. Para resolvernos todas estas dúbidas, poderemos contar coas máis recentes realidades da “comedia online”, por unha banda os galegos Pablo Meixe, Laura Franco e os hermanos Pepe e Lucas, e a madrileña Car de Lorenzo.

Laura é unha nova de Noia con máis de 263.000 seguidores en TikTok que, a traves do seu contido de humor, converteuse nunha abandeirada do feminismo e da defensa do galego.

Pablo Meixe apenas acaba de chegar ao mundo influencer e xa conta con medio millón de seguidores en TikTok. Cunha ampla formación teatral, cómico de orixe, os seus vídeos cortos están a arrasar, e é xa un habitual dos “reposts” de Cabronazi, e ata marcas como McDonalds fixáronse xa nel.

Pepe e Lucas achéganse xa ao medio millón de seguidores en TikTok. Auténticos creadores, representan nos seus vídeos as súas ideas máis tolas, cun equilibrio perfecto entre creatividade e humor. Ata Galicia chegou Amazon buscando a estes novos para as súas campañas de márketing.

Car de Lorenzo cólase nos fogares de millóns de persoas cos seus orixinais vídeos de situacións cotiás nos que grazas ao seu humor e os seus disfraces fai desfrutar aos máis de 2.000.000 de seguidores que conforman a súa comunidade. Importantes marcas confían nela de maneira habitual, como Xiaomi, DreamWorks ou Nocilla.

Falamos de entretemento de calidade para millóns de persoas en todo o mundo e isto trae a posibilidade de sinerxías e entendementos entre os creadores e as marcas. Acordos de mecenado, patrocinios, promocións… entre novos creadores e as marcas empezan a igualar, cando non a superar, os acordos dos medios convencionais como prensa, radio e televisión.

Pioneira neste ámbito é a empresa coruñesa Bushido. Julia Muñiz, talent manager da empresa, contaranos os seus inicios, os seus procesos e a súa experiencia con empresas e novos creadores, os beneficios mutuos e as facilidades para acceder a esta nova porta que abre a comunicación.