Los Quijotes de Mingote
Wenceslao Fernández Flórez, del papel al celuloide

Humorismo y política en el siglo XX

Dous coruñeses ilustres disertarán sobre a presencia do humorismo na política e a literatura no século XX. Paco Vázquez e Siro López son dúas eminencias que non precisan presentación. Ambos exporán e confrontarán a visión que dun mesmo feito teñen o político e o caricaturista. Como abordaron os literatos e humoristas do século pasado as sesións parlamentarias, a chegada da democracia ou a autonomía? Só hai un modo de sabelo.

Siro (Ferrol, 1943) colaborou ao longo dos anos como debuxante en xornais tan importantes como El Ideal Gallego, La Región de Ourense, Ferrol Diario, Diario 16, Diario de León e finalmente La Voz de Galicia, onde traballou dende 1985. A obra de Siro expúxose en varias ocasións e está presente en numerosas coleccións privadas e institucionais. Entre 1989 e 1991 a Televisión de Galicia emite o programa ¿Imos aló?, primeiro curso de galego en televisión, programa no que Siro realiza os guións. Tamén dirixiu e escribiu en radio en programas como Corre Carmela que chove (Radio Voz). Entre os seus múltiples traballos cabe destacar a súa autoría do proxecto da Praza de Humor de A Coruña, na que ademais que está participando na rehabilitación actual.

Tras 23 anos no cargo, Paco Vázquez é sen dúbida algunha un dos alcaldes máis representativos da cidade de A Coruña, onde cabe destacar o seu decisivo papel na creación da Universidade coruñesa, a Orquestra Sinfónica de Galicia, e como gran coleccionista de banda deseñada, dende 1998, Viñetas dende o Atlántico, con Miguel Anxo Prado como director. Fillo de asturiano e brigantina nado en A Coruña, licenciouse en dereito en Madrid, para a partir de 1974, levar a cabo unha dilatada carreira política. Xa en 1977 foi escollido secretario xeral do PSOE de Galicia, e candidato á Xunta nas primeiras eleccións autonómicas da comunidade. A partir de aí, o seu currículo político é interminable. Deputado das Cortes Xerais de 1977 a 1981, Alcalde de A Coruña de 1983 a 2006, Senador das Cortes Xerais de 2000 a 2006, e Embaixador de España ante a Santa Sede de 2006 a 2011 son os cargos máis representativos.