Fantastic Colofon
Los Quijotes de Mingote

La banda sonora de nuestra risa

La banda sonora de nuestra risa é un emotivo e divertido viaxe polas bandas sonoras, que ao longo dos anos, e por diversos motivos, estiveron ligados ao humor, á comedia, ao entretemento e á diversión.

Baixo a batuta do director Fernando Briones, a Banda Municipal de Música de A Coruña, fará un percorrido que nos levará dende os principios da televisión, pasando polo circo, os debuxos animados ou as máis divertidas e triunfantes comedias de situación. E o mellor condutor para esta orixinal proposta, non podería ser outro que o gran Luis Piedrahita.

Un orixinal paseo musical e visual, no que haberá moitas sorpresas, como non podía ser doutra maneira no EMHU. O concerto trátase da primeira actividade musical dentro do festival, e non poderiamos estar mellor acompañados que por unha banda con máis de 60 anos de experiencia.