Saldremos Mejores
Sin Datos No Hay Paraíso

La Vida Moderna Live Show

La Vida Moderna Live Show nace do fenómeno de humor levado a cabo por David Broncano, Quequé e Ignatius. Contra toda predición, o que comezou sendo un programa especial para cubrir as vacacións das estrelas da Ser acabou converténdose nun espazo semanal, primeiro, e diario despois, en torno ao cal se reunían miles de persoas con evidentes problemas de aceptación social e/ou simpatizantes de UPyD.

O espectáculo, que bordea os límites do humor e da renda solta ao absurdo, naceu en 2014, a partir dun programa de radio. Ese mesmo ano deron o salto aos escenarios co seu homólogo teatral La Vida Moderna Live Show. Foi na Sala Galileo, local de referencia de Madrid. Dende entón é un éxito alá onde vai, incluíndo no seu espectáculo proclamas de todo tipo, cancións, improvisacións co público, espidos, pasadas de freada e recollidas de cable.