Humorismo y política en el siglo XX
El poder de los nuevos formatos de humor y las sinergias empresariales

Wenceslao Fernández Flórez, del papel al celuloide

Dende o principio do EMHU, a figura de Wenceslao estivo moi ligada ao festival, en parte pola colaboración coa Fundación WFF e, sobre todo, pola inspiración que a figura e obra do artista tivo nos cómicos, directores e actores deste país. Por todo isto, xuntamos a dúas das persoas que máis saben do escritor coruñés, como son Miguel González Somovilla e José Luis Castro de Paz.

Neste encontro, José Luis Castro de Paz, historiador de cine, e Catedrático de Comunicación Audiovisual pola USC, e presidente da Fundación WFF, achegaranos a algunhas das obras de cine baseadas na obra de Wenceslao. Ademais de aproveitando o recente centenario do nacemento de Fernando Fernán Gómez, falaranos da influencia que exerceu a obra de WFF no actor.

O periodista asturiano Miguel González Somovilla, exdirector de Comunicación de RTVE e da RAE, acaba de editar a obra esencial de Wenceslao Fernández Flórez na editorial Biblioteca Castro, Novelas escogidas: Volvoreta. El secreto de Barba Azul. Las siete columnas. El bosque animado. Especialista na obra periodística de Álvaro Cunqueiro, é tamén estudoso da faceta máis literaria de WFF. Levarannos a coñecer interesantes aspectos sobre a biografía do autor, as interpretacións da súa propia obra, e a relación da súa literatura co humor.

O acto concluirá coa presentación do número 2 da revista Volvoreta, na que se inclúen guións e o DVD de “El malvado carabel” de Fernando Fernán Gómez, ademais dos pouquiños segundos que se conservan da versión cinematográfica de 1935, debida a Edgar Deville.