Encontro Mundial de Humorismo

Alguen dixo unha vez que a vida hai que tomala con amor para comprendela e con humor para soportala. Non poderiamos estar máis dacordo con esa afirmación. Facer un festival internacional do amor parecíanos pretencioso e, como sempre nos gustou rirnos de nós mesmos, atrevímonos a propoñer o EMHU: o primeiro Encontro Mundial de Humorismo do noso país.

O EMHU é un festival de humor organizado en A Coruña por primeira vez en maio de 2019 e que celebra en 2022 a súa II Edición. O seu obxectivo é crear un encontro cultural cidadán e interxeracional, con actividades que van dende as exposicións e coloquios ata as actuacións en vivo.

Ademais, o EMHU ten unha pretensión divulgativa: conferencias, mostras e mesas redondas brindarán aos cidadáns a posibilidade de aproximarse e descubrir tanto as vangardas humorísticas internacionais coma os tesouros do humorismo galego, representados por Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Camba, Castelao ou o inconmensurable Ramón María de Valle-Inclán.

Durante unha semana, o humor inundará a cidade a través dalgúns dos seus espazos máis recoñecidos como o Palacio da Ópera, o Coliseum ou o Teatro Colón, entre outros. Deste modo, non só ofrecemos un festival accesible e apto para todos os públicos, senón que complementamos o percorrido pola Historia do humor cunha ruta polos mellores encantos da xeografía local.

+0
Asistentes
+0
Cidades
+0
Espectáculos

Os organizadores

A dirección artística do festival corre ao cargo dunha das figuras máis representativas do humorismo nacional, o galego Luís Piedrahita, que estará acompañado das produtoras Etiqueta Negra e Producciones El Espectador, ás que une unha relación de colaboración de casi vinte anos.

Etiqueta Negra Producciones é unha empresa galega dedicada á producción, xestión e distribución de espectáculos de humor e management de artistas.

Producciones El Espectador é a produtora do humorista e mago coruñés Luis Piedrahita. Leva máis de dez anos desenvolvendo eventos corporativos, producindo espectáculos teatrais, publicaciones editoriais e creando contidos audiovisuais para televisión relacionados coa maxia e o humor.