Héctor de Miguel

Héctor de Miguel Martín, o artista anteriormente coñecido como Quequé, é un humorista e presentador español. Durante a súa carreira traballou na radio, no teatro e na televisión, sendo unha das caras recoñecidas da comedia do noso país, destacando o seu traballo en programas como El Club de la Comedia, Noche Hache, La Lista Tonta, La Lengua Moderna ou, obviamente La Vida Moderna, co cal gañou un Premio Ondas e xirou por toda España. Aparte disto, na actualidade presenta o informativo Hora Veintipico de luns a xoves en SER Podcast e Youtube.