Javier Cansado

Naceu en Madrid, iso si. Cunha carreira lonxeva, aínda que non o pareza: nin máis nin menos que profesional dende 1984 e en xira ininterrompida dende 1984 (34 anos, vaites!). Logo dunha traxectoria que un observador obxectivo cualificaría de éxito (rúas, radio, teatro, televisión, podcast… sempre en compañía), agora, ademais, preséntase en solitario. Mirará ao escenario de esquerda a dereita e non verá a ninguén. Que vertixe! A soidade do pallaso! Oxalá non acade outro éxito que brasone a súa carreira. Dicímolo polo seu ben.