Juan Barraza
O arxentino Juan Barraza é un dos humoristas máis importantes do panorama internacional do Stand-Up dende hai quince anos. Gravou especiais para a canle Comedy Central en seis ocasións e ten cinco álbumes de comedia subidos a Spotify e demais plataformas dixitais. O EMHU acollerá o estreo en España de Garabato controlado, o seu sexto espectáculo co que continúa a colleitar éxitos ao outro lado do charco.