Luis Tinaquero
Apaixonado do blues e a música americana, Luis Tinaquero iniciouse aos 16 anos coa guitarra de maneira autodidacta. Ademais, tamén toca o lap-steel, o banxo, a mandolina e a harmónica. Participou en festivais internacionais de blues (Illas Azores, Lisboa, Gaia, Matosinhos, Évora, Seia, Zizúrkil, entre outros), gravou discos con Miki Nervio & The Bluesmakers, Carlos Childe & The Troupe, The Blue Ribbon Healers ou The Dapper Cadavers, entre outros. Na actualidade forma parte das bandas Los Hot Chocolates e Marian Ledesma & The Tinaquero Brothers.