Pantomima Full

Por unha banda, Rober Bodegas. Pola outra, Alberto Casado. De guionistas de Sé Lo Que Hicisteis a un dos dúos da comedia española que máis furor causou na historia. Pantomima Full naceu para promocionar un espectáculo teatral, pero o monstro de Frankenstein era demasiado grande e forte como para non vivir por si mesmo. Agora, en tan só un minuto, son capaces de facer rir a esgalla a calquera que se tope cun dos seus vídeos. E, como non, tamén son capaces de facernos sentir con máis dun. Pero non se quedaron aí e Pantomima Full fíxolles xirar por toda España. Primeiro con Sketches En Directo e, agora, con En su cabeza era espectacular.