NOTICIA_H LAMINADORA

O EMHU reunirá por vez primeira nun mesmo espectáculo a Luis Piedrahita, Ana Morgade, Quequé e Xosé A. Touriñán

NOTICIA_H LAMINADORAO elenco de artistas o completan Carlos Blanco, Joaquín Reyes, Marta Flich, Facu Díaz, Miguel Maldonado, David Amor, Javier Veiga, David Perdomo, Álex Clavero, J.J. Vaquero, Alejandro Dolina, os creadores de El Mundo Today e un largo etcétera.

A partir do 6 de marzo están á venta as entradas en www.emhu.es, www.ticketea.com, www.ataquilla.com, praza de Ourense e Teatro Colón.

Nunca antes se lles vira xuntos no mesmo escenario. O EMHU reunirá por vez primeira a Luis Piedrahita, Ana Morgade, Quequé e Xosé A. Touriñán nun mesmo espectáculo: “Humoris causa”. Un show sen precedentes e só unha mostra do que suporá o Encontro Mundial de Humorismo. Do 13 ao 19 de maio na Coruña convivirán os mellores e máis aclamados humoristas do panorama nacional e internacional, nunha combinación das postas en escena con máis éxito dos últimos anos e outras creadas en exclusiva para o EMHU.

Tanto para esta gala como para o resto da programación as entradas están á venta a partir de hoxe, mércores 06 de marzo, nas plataformas online www.emhu.es, www.ticketea.com e www.ataquilla.com e nas billeteiras de praza de Ourense e Teatro Colón. 

No lado dos espectáculos que xa teñen colgado en máis dunha ocasión o cartel de soldo out atópase “No te metas en política, tour”. Os cómicos Facu Díaz e Miguel Maldonado lograron durante dous anos que este espectáculo esgotase as entradas en Madrid. En maio, repasarán coa súa peculiar visión os últimos acontecementos políticos sobre o escenario do Teatro Colón.

Se falamos de actualidade e humor “El Mundo Today” merece un lugar destacado. Kike García e Xavi Puig son as mentes que están detrás deste medio satírico que celebrará o seu décimo aniversario no EMHU cun informativo en directo, previsións meteorolóxicas e chiscadas á actualidade política.

O Encontro Mundial de Humorismo pode presumir de contar co programa con más audiencia da radiodifusión arxentina. Todo un espectáculo humorístico, musical e unha miscelánea. “La venganza será terrible” é un radio show en vivo, con presencia de público e que conta con Alejandro Dolina, Patricio Barton, Guillespie e o Trío Sin Nombre: Manuel Moreira, Martín Dolina e Ale Dolina nos micrófonos. “La venganza será terrible” é, en definitiva, unha pequena experiencia teatral cotiá da que poderán desfrutar en directo todos os coruñeses durante o EMHU.

Imposible non rirse con esta banda de trapecistas sen rede. Javier Veiga, David Amor, David Perodomo, J.J. Vaquero e Álex Clavero sairán ao escenario do Teatro Colón a ver que pasa –e quen paga- na “Mariscada dos idiotas”. Un espectáculo no que o público será o xurado que decidirán quen se gaña o asento na cea.

A “Gala Fantastic Colofón” será unha homenaxe ao humor con maiúsculas e un recoñecemento a esas figuras cuxa traxectoria e talento ten levado ao humor ao máis alto. A corrosiva Marta Flich conducirá este broche de ouro do EMHU que contará co mestre do surrealismo Joaquín Reyes e o gran Carlos Blanco, ademais de outros artistas invitados.