A organización do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), atendendo ás medidas de prevención motivadas pola crise sanitaria e co fin de non pór en risco a asistentes, público e traballadores/as, anuncia que o evento previsto entre o 19 e 27 de setembro na Coruña será aprazado a maio de 2021, volvendo ás súas datas orixinais. A nova data da II Edición do EMHU será do 7 ao 16 de maio de 2021.

A dirección do EMHU lamenta os inconvenientes que isto poida causar e agradece tódalas mostras de apoio amosado recibidas nestes difíciles e inciertos momentos para o sector cultural.

As entradas adquiridas serán válidas para as novas datas de 2021. Para aqueles que desexen a devolución das mesmas, o período de devolución estará vixente desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020, incluidos. A venda das novas localidades non estará dispoñible ata a finalización do período de devolución.

NOVA PROGRAMACIÓN TRONCAL 2021

O EMHU manterá a totalidade dos shows programados para 2020. A continuación, as datas de cada espectáculo confirmado na programación troncal; o resto de actividades confirmaránse máis adiante.

Venres 07/05/2021 – 21:00h no Teatro Colón.
Artistas: Pantomima Full.
Show: En su cabeza era espectacular.

Sábado 08/05/2021 – 19:30h e 22:30h no Palacio da Ópera.
Artistas: Leo Harlem, Ana Morgade e Carlos Blanco. Pendiente a confirmación do cuarto artista.
Show: Humoris Causa.

Domingo 09/05/2021 – 20:00h en Sede Afundación.
Artista: Miguel Noguera.
Show: Ultrashow.

Mércores 12/05/2021 – 21:00h no MEGA, Mundo Estrella Galicia.
Artistas: Álex Clavero e JJ Vaquero.
Show: Donde nace la comedia.

Venres 14/05/2021 – 21:00 no Teatro Colón.
Artistas: Lucía Lijtmaer e Isa Calderón.
Show: Deforme Semanal

Sábado 15/05/2021 – 12:30 no Teatro Colón.
Artistas: Luis Piedrahita.
Show: Diario de una pulga.

Sábado 15/05/2021 – 20:30h no Coliseum.
Artistas: David Broncano, Ignatius e Quequé.
Show: La Vida Moderna Live Show.

Domingo 16/05/2021 – 20:00h no Teatro Colón.
Artistas: Silvia Abril, Luis Piedrahita e Xosé Touriñán.
Show: Fantastic Colofon

PRAZO DE DEVOLUCIÓN E VALIDEZ DAS ENTRADAS ADQUIRIDAS

O prazo máximo para a devolución das entradas é de 1 mes, desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020, incluidos.

Para compras online:
Enviaráse un comunicado a tódolos compradores vía email dándolles as opcións de reimprimir unha nova entrada coa data actualizada ou solicitar a devolución do importe da entrada.

No caso de ter mercado máis dunha localidade, pode solicitarse a devolución parcial, se non se desexan devolver tódalas localidades adquiridas.

Os clientes que fixeran compra en eventbrite, poderán mandar un email a imce@gestiontickets.online

Os clientes que fixeran compra en ataquilla.com, poderán mandar un email a devoluciones@ataquilla.com

Para localidades adquiridas na taquilla física:
As persoas que desexen asistir ao evento na nova data, poderán facer uso dos tickets que xa teñen. Aínda que figure a data inicialmente prevista, os tickets son válidos.

As personas que non desexen asistir, deberán dirixirse á taquilla da plaza de Orense para a devolución desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro de 2020. En caso de que as localidades se mercaran con tarxeta de crédito, poden solicitar a devolución enviando un correo a imce@gestiontickets.online indicando a referencia da súa entrada ou enviando unha imaxe da mesma. As devolucións se realizarán a través do mesmo medio de pago co que se realizou a compra.