Amigos hasta la muerte

Proxección, preestrea, coloquio, espectáculo… E o que xorda! O día 30 de abril será unha completa xornada dedicada á película dirixida por Javier Veiga e que ten como protagonistas a Marta Hazas, Mauricio Ochmann e o propio Javier Veiga. O filme, cuxo reparto conta con David Amor, Xosé A. Touriñán e Ledicia Sola, entre outros artistas, estrearase este mes de marzo no Festival de Málaga e chegará ás salas de cinema logo do seu paso polo EMHU.

A ópera prima de Javier Veiga está baseada na exitosa obra de teatro que batiu récords de billeteira nos teatros galegos, nacionais e incluso internacionais. Pero este evento será algo máis que unha proxección de cine: despois da película contaremos con Javier Veiga, Marta Hazas, David Amor e Xosé A. Toruiñán nunha tertulia para escachar coa risa onde, ademais de coñecer unha morea de intrahistorias da gravación da película, poderemos gozar de moitas sopresas e o humor destes catro xenios e amigos.