Estirando el chicle en un castillo
Estirando el chicle é un podcast de comedia no que Carolina Iglesias e Victoria Martín conversan con mulleres relevantes da cultura e do entretemento. Nas súas xa cinco temporadas Estirando el chicle convertéronse nun dos podcasts máis escoitados de España superando o millón e medio de ouvintes mensuais. Foi galardoado con dous premios Ondas e fixo historia ao vender todas as entradas do Wizink Center de Madrid, converténdose así no espectáculo de comedia máis grande que se celebrou na historia do noso país. No EMHU, achegaranse ao Castelo de Santo Antón para unha facer unha gravación especial do podcast.