Fantastic Colofon
Fantastic Colofon é o espectáculo de clausura do EMHU, creado expresamente para o festival. Vén sendo algo así como os Goya do Humor, pois en anteriores galas participaron Luis Piedrahita, Sílvia Abril, David Fernández, David Amor, Carolina Iglesias ou Pantomima Full. Este ano o peche do EMHU contará cunha importante representación galega: Javier Veiga, Xosé A Touriñán e As R(h)umorosas (Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez) conformarán unha aliñación que completará David Cepo, unha das figuras emerxentes máis interesantes do humor español. Este grupo conducirá o evento final do EMHU que, un ano máis, terá lugar no Teatro Colón e no que se entregarán, ademais, os Premios EMHU 2024.