mayo, 2019

18mayo08:00A VIVIR08:00 h • Teatro Colón

Detalles

INVITACIÓNS EN TICKETEA

O programa radiofónico A VIVIR (Cadena Ser) está dirixido e presentado por Javier del Pino. Un programa que quere axudar a que os oíntes desfruten da n de semana sen que ninguén lles lembre as complicacións da súa vida. Un espazo que pretende recuperar a radio de acompañamento e de diversión, pero tamén a alternativa. Como eles mesmos declaran: “Non falamos con políticos senón con aqueles que deberían selo. Cambiamos as charlas de ‘opinadores’ polas charlas con auténticos expertos no tema que tratemos”.

A VIVIR, conta coa colaboración dalgúns dos xornalistas máis respectados deste país, como Bru Rovira, Ramón Lobo, Íñigo Domínguez, Jacinto Antón, Cristina Pardo, Javier Sampredro ou Enric González e coas intervencións dos escritores Juanjo Millás, Javier Pérez Andújar ou Manuel Vilas e co debuxante arxentino Darío Adanti.

Este programa emítese os sábados e domingos de 8 a 12 horas e, nesta ocasión, o EMHU ofrécenos a posibilidade de desfrutar e compartir xunto algún dos seus integrantes unha emisión en directo desde A Coruña.

Info

4 horas. – Radio en directo – Para todos los públicos

Hora

(Sábado) 08:00

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Add comment

Privacy Preference Center

X