mayo, 2019
17mayo12:00CHIQUIJAMMING12:00 h • Teatro Colón

Detalles
ENTRADAS EN
Detalles
GALA PATROCINADA POR
(ABONO INFANTIL-“CHIQUIJAMMING” e “DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE” por só 15€. Estes abonos poderanse adquirir na Billeteira Central Praza Ourense ou no Teléfono 902 044 226)
CHIQUIJAMMING é o show familiar de improvisación da compañía Jamming, a cal leva 14 anos en cartel en Madrid. É un espectáculo divertido, dinámico, fresco e ademais educativo e participativo. A partir de frases, debuxos e outras suxestións dos nenos, os actores improvisan historias acordes con diferentes estilings: abecedaring, resumiending, completa a frasing, elixe a túa propia aventuring… Os asistentes que se animen subirán ao escenario a participar con nosotring nunha festa teatral improvisada.
Jamming ten realizado xiras por cidades europeas como Milán, Roma e Lisboa. E actuou en dous países de América Latina: Colombia e Chile. Ademais de participar no Festival Internacional de Teatro Iberoamericano. Dous anos despois de iniciar a súa andaina en 2014, e grazas ao éxito colleitado co seu show de adultos, a compañía crea ChiquiJamming, o espectáculo improvisado de jamming para toda a familia. Desde entón, ChiquiJamming non ten parado de crecer sendo programado en varios teatros de Madrid, e outros recintos como Bilbao e Vigo.
Info
65 min. – Teatro familiar, improvisación – Todos os públicos
Hora
(Viernes) 12:00
Lugar
Teatro Colón
Avenida Marina, 7A