mayo, 2019

15mayo20:00CINE : Tiempo después (2018)20:00 H • Auditorio da Sede Afundación

Detalles

( ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO )

TIEMPO DESPUÉS (2018), recentemente estreada, e aclamada pola crítica, trátase doutra xoia do cine de humor nacional. Coa presencia de actores como Berto Romero, Raúl Cimas, Arturo Valls, Miguel Rellán, Carlos Areces, Blanca Suárez ou Joaquín Reyes entre outros, narra a situación do mundo no ano 9177, onde só queda un edificio e as súas aforas lixosas.
Trátase dunha comedia imprescindible, baseada na novela homónima do mesmo Cuerda, e que leva a cerrar dalgún modo o círculo de AMANECE QUE NO ES POCO. Poderemos desfrutar da esencia dun mestre do diálogo humorístico, a concepción de gags, a xestión dos tempos da comedia e a dirección duns actores que sen dúbida son algúns dos nosos actuais xenios da comedia.
JOSÉ LUIS CUERDA (Albacete, 1947) é un dos directores que máis ten marcado aos humoristas e ao surrealismo cómico deste país. Creador dunha das sagas máis incribles e orixinais do cine español, non podía pasar este festival sen homenaxear a súa figura, e o faremos coa proxección do inicio e o final da súa archifamosa tetraloxía composta por TOTAL, AMANECE QUE NO ES POCO, ASÍ EN LA TIERRA COMO EN EL CIELO, e que termina co estreo a finais de 2018 de TIEMPO DESPUÉS.

Artistas

Dir. José Luis Cuerda

Info

95 min. – Cine – Recomendada para maIores de 7 años

Hora

(Miércoles) 20:00

Lugar

Auditorio Sede Afundación

Cantón Grande, 8, A Coruña

Privacy Preference Center

X