mayo, 2019

14mayo20:00CINE : Total (1983)20:00 H • Auditorio da Sede Afundación

Detalles

( ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO )

TOTAL (1983) Trátase dunha película mol difícil de atopar. Unha pequena rareza do ano 1983 realizada para televisión, de só 50 minutos de duración. Inicio dunha das sagas máis xeniais do humorismo nacional, e considerada por moitos como unha versión surrealista da biblia. Narra os sucesos ocorridos en Londres, no ano 2598, tres días despois do fin do mundo. Pero Londres parécese bastante a un pobo de ambienten castelán… tan castelán como Soria. Lorenzo, pastor de ovellas, cóntanos unha serie de sucesos extraordinarios que teñen ido anunciando o fin do mundo: as vacas queren ir á escola, as paredes derrúbanse, ou Dona Paquita aparécese nos lugares máis insospeitados atravesando as paredes, moitos fillos son maiores que os seus pais e as galiñas metamorfosean en serpes.
JOSÉ LUIS CUERDA (Albacete, 1947) é un dos directores que máis ten marcado aos humoristas e ao surrealismo cómico deste país. Creador dunha das sagas máis incribles e orixinais do cine español, non podía pasar este festival sen homenaxear a súa figura, e o faremos coa proxección do inicio e o final da súa archifamosa tetraloxía composta por TOTAL, AMANECE QUE NO ES POCO, ASÍ EN LA TIERRA COMO EN EL CIELO, e que termina co estreo a finais de 2018 de TIEMPO DESPUÉS.

Artistas

Dir. José Luis Cuerda

Info

50 min. – Cine – Todos os públicos

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Auditorio Sede Afundación

Cantón Grande, 8, A Coruña

Privacy Preference Center

X