mayo, 2020

03mayo12:3013:30LUIS PIEDRAHITA - DIARIO DE UNA PULGA12:30 H • Teatro Colón

piedrahita en emhu teatro infantil

Detalles

O DIARIO DE UNA PULGA É UN CONTO SINFÓNICO INSPIRADO NA OBRA DE CAMILLE SAINT-SAËNS, O ENTROIDO DOS ANIMAIS.

Luis Piedrahita conta as aventuras dunha pulga enana de pata corta que quere marchar a esquiar a Baqueira Beret. Dona Sara Sarcopsila, que así se chama a protagonista desta historia, percorrerá o mundo enteiro brincando de animal en animal, de corcova en chepa e de coiraza en pelame, procurando a famosa estación de esquí. Na súa viaxe visitará a espeluxada melena dun león, as escandalosas plumas dun galo, ou a forte coiraza dunha tartaruga e de moitos animais máis. A cada un deles están dedicadas as páxinas deste diario.

Conseguirá Dona Sara chegar ao seu destino? Que máis dá. A viaxe é o que conta: os amigos que atopamos, as cousas que aprendemos, as valores que descubrimos… Cando es unha pulga que viu mundo, non tes dúbidas: a mellor estación de esquí é o pescozo dun cisne.

Na peza musical O entroido dos animais, Luis Piedrahita vertebrará esta aventura na que se intercalan as vivencias da pulga cos distintos movementos da obra. Desta maneira os máis pequenos gozarán dunha divertida introdución que os preparará para escoitar a peza. Música, humor e pulgas. Unha obra para todos os públicos na que grandes e pequenos gozan da grandiosidade da música clásica e a cativeza dos sifonápteros.

O entroido dos animais de Camille Saint- Saëns

O entroido dos animais é unha suite musical en 14 movementos composta por Camille Saint- Saëns (Francia, 1835-1921). O compositor planeou a obra como unha broma para o día de Entroido. Nesta suite aparecen: leóns, galiñas, tartarugas, canguros, homenaxes a algúns músicos da época e varios animais máis. Ata a morte do compositor, O entroido dos animais non foi interpretado máis que en reducidos grupos escollidos xa que Saint- Saëns considerábaa unha obra menor. Con todo, actualmente, esta suite é unha das favoritas para os profesores de música que atopan na súa divertida partitura unha entrada perfecta para os nenos no marabilloso mundo da arte musical.

A ORQUESTRA

A peza estará interpretada pola Orquestra Infantil da Orquesta Sinfónica de Galicia. Jorge Montes é o director musical do proxecto.

Artistas

Luis Piedrahita e Osquestra Infantil da OSG dirixida por Jorge Montes

Info

50 min. – Teatro familiar, contacontos – Recomendado a partir de 6 anos

Hora

(Domingo) 12:30 - 13:30

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Cómo llegar

VER MAPA

Privacy Preference Center

X