mayo, 2019

19mayo12:00DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE12:00 H • Teatro Colón

Detalles

GALA PATROCINADA POR

(ABONO INFANTIL-“CHIQUIJAMMING” e “DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE” por só 15€. Estes abonos poderanse adquirir na Billeteira Central Praza Ourense ou no Teléfono 902 044 226)

DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE é o espectáculo que o prestixioso autor estadounidense Adam Rubin ten preparado para o EMHU. Un excelente show de contacontos bilingüe (castelán-inglés) baseado nos seus libros e pensado para nenos. Nesta ocasión Adam presentará dous dos seus grandes éxitos, El Chupacabras e Dragon’s Love Tacos. Dous historias cheas de humor, aventuras, tenruras e encantadores monstros famentos. Durante o espectáculo os nenos escoitan, participan e aprenden novas palabras de mans dun escritor nativo. E ao final do espectáculo ábrese unha quenda de preguntas e respostas onde os nenos poden aclarar as súas dúbidas acerca das historias escoitadas e das palabras aprendidas.

Adam Rubin (Stamford, Connecticut, 1983) é un prestixioso autos con máis de dez títulos publicados e un millón de exemplares vendidos. Os seus libros teñen permanecido nas listas de best sellers de The New York Times durante máis de 250 semanas e o seu último título, El Chupacabras, ten sido seleccionado ao Blue Bonnet, considerado como un dos premios literarios máis prestixiosos de Estados Unidos. A peculiaridade este último libro radica en que está escrito en dous idiomas á vez: inglés e castelán. Dada a situación política actual en Estados Unidos, Rubin sinte que promover a educación bilingüe para nenos é máis importante que nunca. Por elo viaxa visitando escolas e teatros de todo o mundo presentando e compartindo os seus libros cos máis pequenos. Actualmente está a mellorar a súa escritura en español e investigando outros proxectos para promover a aceptación multicultural en Estados Unidos.

Info

50 min. – Teatro familiar, contacontos – Recomendado a partir de 6 anos

Hora

(Domingo) 12:00

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Privacy Preference Center

X