mayo, 2019

18mayo16:30EL MUNDO TODAY16:30 H • Teatro Colón

EL MUNDO TODAY

Detalles

EL MUNDO TODAY é o medio satírico máis coñecido do noso país, celebra o seu décimo aniversario cun boletín en vivo no que repasará as súas mellores noticias. Éxitos como «Unha anciá invoca ao demo nun curso de inglés», «Operan a un vasco con anestesia», «Pide mimos e o seu marido contrata a sete», ou «Telecinco emite por erro oito segundos dun documental» non faltarán neste informativo que contará tamén con conexións en directo de última hora, previsións meteorolóxicas e chiscadelas á actualidades política.

Despois, os seus creadores farán balance destes dez anos coa compañía de Luis Piedrahita. Compartirán con el as mellores anécdotas da súa traxectoria informativa, nunca antes reveladas, e someteranse a unha rolda aberta aos espectadores onde, por supostos, se admitirán preguntas.  

Kike García (Barcelona, 1981) y Xavi Puig (Barcelona, 1980), licenciados en Filosofía e Comunicación Audiovisual, son coñecidos principalmente por ser os responsables do diario satírico máis coñecido de España, aínda que tamén teñen colaborado en radio, prensa e televisión. Entre os dous suman catro gatos e un can.

Info

50 min. – Humor satírico – Recomendado a partir de 16 anos

Hora

(Sábado) 16:30

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Privacy Preference Center

X