mayo, 2019

19mayo20:00GALA FANTASTIC COLOFÓN20:00 H • Teatro Colón

Detalles

GALA PATROCINADA POR

A gala FANTASTIC COLOFÓN terá lugar na noite do domingo 19 de maio, clausurando o festival. Nesta gala algúns dos mellores cómicos do panorama actual daranse cita para homenaxear ao HUMOR con maiúsculas. A corrosiva Marta Flich (Todo es mentira y Ese programa del que usted me habla) levará a batuta dun evento no que teremos as actuacións do mestre do surrealismo Joaquín Reyes (Muchachada Nui e El Intermedio) e do gran Carlos Blanco (Fariña e Mareas vivas), un dos mellores contadores de historias do planeta. Ademais das actuacións destes artistas, a gala ten intención de homenaxear a grandes referentes do humor nacional e internacional. Nesta última gala do festival búscase recoñecer e subliñar a figura de aquelas personalidades cuxa traxectoria e talento teñen levado o humor ao máis alto. Por iso na gran gala final FANTASTIC COLOFÓN entregaranse o PREMIO FUGAS, o PREMIO EMHU WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ e o PREMIO EMHU ÁLVARO CUNQUEIRO.

Info

90 min. – Monólogos, entrega de premios – Recomendado a partir de 16 anos

Hora

(Domingo) 20:00

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Privacy Preference Center

X