mayo, 2019

18mayo18:30LA VENGANZA SERÁ TERRIBLE18:30 H • Auditorio Sede Afundación

Detalles

LA VENGANZA SERÁ TERRIBLE é o programa con máis audiencia da radiodifusión arxentina. Trátase dun espazo de divulgación cultural e alto nivel humorístico onde se fala de arte, historia, mitoloxía, ciencia e filosofía. Ademais, conta cunha sección musical onde os propios presentadores improvisan, cantan e tocan en directo. Este radio show realízase en vivo, con presenza de público. O elenco intégrano Alejandro Dolina, Patricio Barton, Gillespie  e El Trío sin Nombre: Lucrecia López Sanz, Martín Dolina e Ale Dolina. La venganza será terrible é un espectáculo humorístico, musical e miscelánea. Máis que un programa de radio convencional, La venganza será terrible é unha pequena experiencia teatral cotiá.

Alejandro Dolina (Morse, Bos Aires) é un escritor, músico, condutor de radio e cantante arxentino. Os seus libros teñen alcanzado unha extraordinaria difusión e son récord de venta en Arxentina e Uruguai. É tamén autor de obras teatrais e comedias musicais. Ten recibido gran cantidade de premios e distincións en foros académicos, artísticos e mediáticos.

Patricio Barton  (Bos Aires,1963) é produtor de televisión, presentador e xornalista. Copresenta con Alejandro Dolina La venganza será terrible desde 2008.

Marcelo Rodríguez «Gillespi» (Monte Grande, 1965) é trompetista, presentador de radio e televisión. Gillespi participou en varias bandas de rock arxentino. Ademais de editar albumes como solista, é produtor musical de TV e ten colaborado en varios programas televisivos e radiais como copresentador ou humorista. E retornou a La venganza será terrible a mediados de 2017 tras un paréntese de dous anos.

El trío sin nombre É un grupo exclusivamente creado para satisfacer –en vivo- pedidos musicais dos oíntes do programa radiar arxentino La venganza será terrible. Está composto por Lucrecia López Sanz (voz, guitarra), Martín Dolina (voz, melódica, harmónica) e Ale Dolina (voz, baixo) –os dous últimos, fillos de Alejandro Dolina-.

Info

105 min. – Radio teatro – Recomendado a partir de 12 anos

Hora

(Sábado) 18:30

Lugar

Auditorio Sede Afundación

Cantón Grande, 8, A Coruña

Add comment

Privacy Preference Center

X