mayo, 2021

15mayo20:30LA VIDA MODERNA LIVE SHOW20:30H · Coliseum

Detalles

LA VIDA MODERNA LIVE SHOW

La Vida Moderna Live Show nace do fenómeno de humor levado a cabo por David Broncano, Quequé e Ignatius Farray. «Corría o ano 2014 cando Cadena SER lle encargou a David Broncano un programa de radio cun orzamento tan pequeno que só lle deu para contratar a dous señores maiores con problemas co alcohol: Quequé e Ignatius.

Contra todo pronóstico, o que comezou sendo un programa especial para cubrir as vacacións das estrelas da SER, rematou por se converter nun espazo -semanal primeiro e diario, despois- ao redor do que se reunían miles de persoas con evidentes problemas de aceptación social e/ou simpatizantes de UPyD.

Dado o éxito da súa proposta, estas tres novas promesas da comedia pensaron: “Como podemos perpetuar a estafa?” E así xurdíu a idea de trasladar aos teatros o afliximento, estupor e preguiza que xera a vida moderna. O show, que bordea os límites do humor e dá renda solta ao absurdo, naceu en 2014, a partir dun programa de radio capitaneado por David Broncano. Ese mesmo ano deron o salto aos escenarios co seu homólogo teatral A Vida Moderna Live Show e, a finais do 2016, fixeron a primeira xira pasando por Valencia, Barcelona, As Palmas e Tenerife.

Desde entón, A Vida Moderna Live Show é un éxito alá onde vai: con case todos os espectáculos con sold out durante esta xira na que houbo proclamas de todo tipo, cancións, improvisacións co público, espidos, pasadas de freada e recollidas de cable.

A xira 2018-2019 formárona 17 actuacións que reuniron a máis de 50.000 espectadores. O circuíto finalizou o 28 de xuño no WiZink Center de Madrid #ante 7.500 espectadores.

Artistas

David Broncano, Quequé e Ignatius Farray

Hora

(Sábado) 20:30

Lugar

Coliseum

Rúa Francisco Pérez Carballo, 2, 15008 A Coruña

Cómo llegar

VER MAPA

Privacy Preference Center

X