mayo, 2019

17mayo19:30NO TE METAS EN POLÍTICA, TOUR19:30 H • Teatro Colón

NO TE METAS EN POLÍTICA, TOUR

Detalles

NO TE METAS EN POLÍTICA TOUR é un show baseado no late night emitido en YouTube da man dos humoristas Facu Díaz y Miguel Maldonado. Despois de dous tempadas completas con entradas esgotadas en Madrid, Díaz e Maldonado lánzanse á estrada para levar a súa peculiar maneira de entender a actualidade a todas partes. Neste novo espectáculo, os cómicos novos repasarán tanto os acontecementos máis destacados do panorama político como o trato que reciben por parte dos medios de comunicación. Un catalán de orixe uruguaio e un murciano chegan á cidade: apártense ou se farán dano.

Facu Díaz (Montevideo, 1993) presentador e humorista é famoso polos seus comentarios polémicos en Twitter onde lle seguen 168.000 persoas. Foi o director do programa La Tuerka News. Actualmente forma parte do proxecto humorístico No te metas en política (NTMEP), co cómico Miguel Maldonado e colabora no programa Late Motiv de Andreu Buenafuente. Anteriormente xa se subiu aos escenarios en solitario co seu monólogo Pido disculpas co que xirou por todo o país colleitando grandes éxitos.

Miguel Maldonado (Murcia, 1986) licenciado en Historia da Arte, traballou como realizador no canal de YouTube La Tuerka. Alí coñeceu a Facu Díaz e pasou de estar detrás das cámaras a poñerse diante en La Tuerka News. A audiencia do programa creceu de tal maneira que naceu No te metas en política, un experimento que engloba , un experimento que engloba YouTube e teatro. Os éxitos colleitados con NTMEP en YouTube e con a xira en teatros, así como a súa presencia na rede (teñen 57.700 de seguidores en Twitter) ten levado a Miguel Maldonado a situarse entre os cómicos máis relevantes do momento e a participar como colaborador fixo en Late Motiv de Andreu Buenafuente.

Info

120 min. – Humor político – Recomendado a partir de 16 anos

Hora

(Viernes) 19:30

Lugar

Teatro Colón

Avenida Marina, 7A

Privacy Preference Center

X