Ola a todos e todas.

Como sabedes, nos gustaría estar agora mesmo cos últimos retoques do Encontro Mundial de Humorismo que se ía a celebrar do 2 ao 10 de maio de 2020. É máis que evidente que non será así e os que ían ser días ilusionantes, se converteron nunha loita diaria por tratar de adaptarnos ás novas medidas do Goberno que se van matizando a medida que avanza a alerta sanitaria polo COVID-19. Estivemos esperando para ofrecer unha información aos asistentes que fose o máis fiable e estable posible pero, dada a situación de incerteza, pensamos que o máis honesto é que teñades toda a información que temos á nosa disposición.

Desde que se anunciou o estado de alarma o 13 de marzo, os nosos días de traballo aumentaron as súas horas -coa colaboración de todos os artistas, espazos e patrocinadores institucionais e privados- para conseguir reaxendar practicamente o 100% das actividades programadas. Tamén empregamos este tempo para tratar de poñer ao voso dispór a opción de devolución dun xeito cómodo, sinxelo e inmediato para aqueles que precisen recuperar o importe, por un ou outro motivo.

Hoxe, podemos polo menos anunciar que a nosa nova data será do 19 ao 27 de setembro. En emhu.es iremos actualizando hoxe os novos horarios e datas de cada show, para que poidades revisar se vos é posible asistir. Pero tamén sabemos que as medidas gobernamentais para eventos culturais e deportivos aínda non se anunciaron, así como tampouco sabemos as condicións sanitarias que nos atoparemos en setembro. Por iso, traballamos nunha segunda data alternativa; por tanto, se en setembro non fose conveniente realizar o evento, porque non foramos capaces de garantir a seguridade e benestar para público, artistas e traballadores/as, o Encontro pasaría a celebrarse en maio de 2021, volvendo ás súas datas orixinais e mantendo a mesma programación.

Non fai falta que vos digamos que esta situación nos quitou o soño polos compromisos adquiridos con patrocinadores, artistas, provedores, etc asi coma todo o que pode implicar tamén para todos e todas os que, dun xeito ou outro, facemos posible o festival: desde o propio staff, aos traballadores dos recintos que o acollen, patrocinadores privados e públicos, provedores externos… e mesmo o golpe que supón de forma colateral para a cidade da Coruña.

Aqueles que desexen solicitar a devolución da entrada, poderán facelo a partir do próximo xoves 30 de abril, seguindo os pasos que atoparedes na nosa web na >Política de Reembolso< Tamén podedes consultarnos calquera cuestión en info@emhu.es ou a través da sección Contacto da nosa web. O período de devolución estará vixente ata 15 días despois da declaración do fin do estado de alarma.

Esperamos que a risa prevaleza e que salgamos reforzados, atopándonos na volta á normalidade un mundo mellor para todos/as. Aproveitamos para agradecer o agarimo e comprensión de cada unha das vosas mensaxes; así como a confianza amosada polos preto de 15.000 asistentes á nosa 2ª edición. O voso apoio danos folgos para seguir traballando no Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.

GRAZAS a todos e todas de parte de todo o equipo do EMHU.

> LEER COMUNICADO EN CASTELLANO <