Adam Rubin

Adam Rubin

Adam Rubin (Stamford, Connecticut, 1983) é un prestixioso autos con máis de dez títulos publicados e un millón de exemplares vendidos. Os seus libros teñen permanecido nas listas de best sellers de The New York Times durante máis de 250 semanas e o seu último título, El Chupacabras, ten sido seleccionado ao Blue Bonnet, considerado como un dos premios literarios máis prestixiosos de Estados Unidos. A peculiaridade este último libro radica en que está escrito en dous idiomas á vez: inglés e castelán. Dada a situación política actual en Estados Unidos, Rubin sinte que promover a educación bilingüe para nenos é máis importante que nunca. Por elo viaxa visitando escolas e teatros de todo o mundo presentando e compartindo os seus libros cos máis pequenos. Actualmente está a mellorar a súa escritura en español e investigando outros proxectos para promover a aceptación multicultural en Estados Unidos.