Alejandro Dolina

Alejandro Dolina(Morse, Bos Aires) é un escritor, músico, presentador de radio e cantante arxentino. Os seus libros de relatos Crónicas del Ángel Gris, El libro del Fantasma, Bar del Infierno e a súa novela Cartas marcadas teñen alcanzado unha extraordinaria difusión en Arxentina e Uruguai. É tamén autor de obras teatrais e ten recibido gran cantidade de premios e distincións en foros académicos, artísticos e mediáticos. Pero sobre todo é coñecido pola súa traxectoria radiofónica e por dirixir e presentar La venganza será terrible, programa de radio líder na súa franxa horaria desde o primeiro ano de emisión e considerado xa un clásico da radiofonía polo seu formato e polo seu peculiar sentido do humor.