Álex Clavero

Álex Clavero

Álex Clavero (Valladolid, 1981) é cómico, actor e guionista. Ten mostrado o seu particular punto de vista sobre a vida en programas de televisión como Comedy Central (Paramount Comedy), El Club de la Comedia (La Sexta) e El Hormiguero (Antena 3). Tamén ten frecuentado a radio en programas como Protagonistas (Punto Radio CyL) e como colaborador en Lo mejor que te puede pasar (Melodía FM). Actualmente é El FrancotiraRock do programa El Pirata y su Banda (Rock FM). Subiu os seus monólogos aos escenarios en espectáculos como Ríete tú de antaño, Qué difícil se ha vuelto todoe o que maior éxito alcanzou na Gran Vía madrileña,  Mi madre es Trending Topic.