Ana Morgade

Ana Morgade

Ana Morgade (Madrid, 1979) é unha actriz e presentadora de televisión cuxo humor e facilidade para a improvisación a teñen levado por multitude de medios. Comezou a ser coñecida coas súas aparicións en Buenafuente (La Sexta). Ten sido actriz en series de ficción como Cuerpo de élite (Antena 3), Con el culo al aire (Antena 3) e Olmos & Robles (TVE). Foi presentadora de El Club de la Comedia (La Sexta) e participou en Tu cara me suena (Antena 3). Na actualidade destaca polas súas colaboracións habituais en El Hormiguero (Antena 3) e Zapeando (La Sexta) e nos escenarios teatrais co seu espectáculo Morgadeces. E acaba de estrearse no cine con Bajo el mismo techo (Juana Macías, 2019).