Carlos Blanco

Carlos Blanco

Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1959) é un dos actores e humoristas máis importantes de Galicia. Traballou en películas como Sé quién eres (Patricia Ferreira, 2000), El lápiz del carpintero (Antón Reixa, 2003), Heroína (Gerardo Herrero, 2005), Volver (Pedro Almodóvar, 2006) e Dhogs (Andrés Goteira, 2016), entre moitas outras. En televisión, deuse a coñecer co seu personaxe de Ladislao, un dos protagonistas da histórica Mareas Vivas (TVG). Ten destacado como monologuista sendo finalista do certame de monólogos El Club de la Comedia e en espectáculos teatrais de éxito como Menú do Día, colaborando co debuxante Luis Dávila, ou Somos Criminais xunto a «Touri». Aínda que agora mesmo como máis é recoñecido é como o narco Laureano Oubiña da serie Fariña (Antena 3).