Celso F. Sanmartín

Celso F. Sanmartín

Celso F. Sanmartín (Lalín, 1969) é un artista, poeta, escritor e experto en tradición oral galega. Ten dedicado gran parte da súa vida a recoller contos e historias, memorias dunha historia contada, principalmente, por persoas maiores culturalmente forxadas na oralidade. Ten escrito infinidade de obras como A cama do meu avó Mauel Sanmartín Méndez, Ten, Gratas e boas novas, Pasaxeiras ou Dúas caras atentas entre moitas outras. Celso leva un montón de anos contando historias, a nenos, nenas e adultos, cun estilo único.