David Amor

David Amor (Salceda de Caselas, Pontevedra, 1980) é un monologuista que despois dunha ampla experiencia na TVG, saltou á fama nacional con El Club del Chiste. Subiuse aos escenarios galegos con Amigos ata a morte e recorreu toda a xeografía nacional co seu espectáculo de stand up comedy Sempre preocupado. Fíxose célebre en televisión co seu papel de Tito en Gym Tony (Cuatro) e a súa participación no concurso Tu cara me suena (Antena 3). Desde xullo de 2018 é colaborador habitual do programa Zapeando (La Sexta). E máis recentemente La mejor canción jamás cantada (TVE).