David Perdomo

David Perdomo

David Perdomo(A Coruña, 1979) despegou no humor e a comedia da man de Manicómicos e Escola do Trinque. Viaxou ao Festival Internacional de Teatro de Aviñón a actuar e a formarse con xente da talla de Leo Bassi. No 2009 xunto a Alberto Castaño crea S Koruño, unha parodia da sociedade coruñesa coa que ten logrado unha lexión de seguidores. Nos últimos anos tense feito aínda máis coñecido grazas as súas aparicións en Land Rober (TVG) e Ecce Perdomo (TVG).