Facu Díaz

Facu Díaz

Facundo Díaz (Montevideo, 1993) coñecido como «Facu Díaz» é un presentador e humorista famoso polos seus comentarios e sketches en redes sociais onde ten miles de seguidores. Subiuse aos escenarios en solitario co seu monólogo Pido disculpas e foi presentador do programa La Tuerka News (Público TV). Actualmente forma parte do proxecto humorístico No te metas en política (NTMEP), co cómico Miguel Maldonado e colabora no programa Late Motiv de Andreu Buenafuente.