Javier Veiga

Javier Veiga

Javier Veiga (O Grove, Pontevedra, 1973) licenciado na RESAD de Madrid, é un dos artistas máis prolíficos. Ten destacado tanto en teatro, como en cine e televisión, como actor e director. Fíxose célebre como o primeiro presentador de El Club de la Comedia. Os seus traballos máis recordados en televisión foron as series 7 vidas (Tele 5), Gym Tony (Cuatro) e Gym Tony LC (FDF). No teatro ten colleitado un  enorme éxito coas obras 5 Hombres.come 5 y…¡Acción!, escrita e dirixida por el e protagonizada por Marta Hazas, Carlos Sobera, Marta Blenguer, Ana Rayo e o propio Veiga. En 2018 estreou o seu proxecto máis persoal: Pequeñas coincidencias, a primeira produción en España para Amazon Prime Vídeo.