Joaquín Reyes

Joaquín Reyes

Joaquín Reyes (Albacete, 1974) é o novo herdeiro do humor surrealista do noso país. Creador de programas tan talentosos como La hora chanante (Paramount Comedy) e Muchachada Nui (La 2), entre outros. E tamén dunha serie de ficción Capítulo 0 (#0). Actor, guionista, monologuista, presentador e debuxante son algunhas das facetas deste polifacético artista que ten brillado en televisión en series como Camera Café (Telecinco), Cuerpo de élite (Antena 3) ou en programas como Cero en Historia (#0), Late motiv (#0) ou El Intermedio (La Sexta). En teatro triunfou durante varias tempadas consecutivas con Viejóvenes xunto a Ernesto Sevilla.