Marta Flich

Marta Flich

Marta Flich (Valencia, 1978). Actriz, economista, presentadora e guionista. Comeza a estudar interpretación en Madrid mentres traballa na banca. Desde o seu afiado humor, saltou do mundo da prensa política á televisión e aos escenarios. Ten participado en series como Cuestión de sexo (Cuatro) e máis recentemente como xurado no Roas Battle (Paramount Comedy). É colaboradora do programa de radio Por fin no es lunes (Onda Cero). Na actualidade, podemos vela en televisión en Todo es mentira (Cuatro) e copresentando Ese programa del que usted me habla (La 2).